De acordo coa Normativa electoral vixente na Universidade de Vigo, e o Regulamento de Réxime Interno da Facultade, e xa tendo constituída a Xunta Electoral do Centro, convócanse eleccións para o cargo de Decana/o da Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais de Vigo segundo o calendario que se especifica máis adiante.
Serán elixible o profesorado con vinculación permanente á Universidade adscrito ao propio centro. As persoas elixibles obterán a condición de candidatos/as mediante a presentación no Rexistro do Centro da correspondente solicitude onde, ademais dos seus datos persoais, sinalarán as persoas que ocuparán os cargos de vicedecano/a ou Subdirector/a e de Secretario/a.
Tódalas reclamacións e a presentación de candidaturas serán dirixidas ó Presidente da Xunta Electoral de Centro e deberán presentarse antes das 14:00 horas na Secretaría do Decanato da Facultade.
CALENDARIO ELECTORAL:
30 de outubro: Exposición dos censos provisionais no taboleiro electoral (hall da facultade).
3 a 5 de novembro: Período de reclamacións (correción de erros...) dos censos.
6 de novembro: Resolución das reclamacións e publicación dos censos definitivos
10 a 12 de novembro: Período de presentación de candidaturas.
13 de novembro: Proclamación provisoria de candidatos/as (taboleiro electoral).
17 a 18 de novembro: Período de reclamacións á proclamación provisoria de candidatos.
20 de novembro: Proclamación definitiva de candidatos/as (taboleiro electoral)
21 e 25 de novembro Campaña electoral
27 de novembro: Elección de Decano/a en Xunta de Facultade Extraordinaria (12 h. salón de actos).
1 de decembro: Remisión da acta da sesión ao reitor.
A Decana en funcións
M. Dolores Garza Gil